Concello de Mugardos

Actualidade /

O Concello contrata unha cuadrilla de limpeza de praias para o verán

Publicada o 15 de Xullo de 2006 en Medio Ambiente

O Concello de Mugardos acaba de contratar, ao abeiro dunha subvención da Deputación da Coruña, unha cuadrilla de cinco operarios que se encargará do mantemento ambiental das zonas costeiras do municipio durante os vindeiros tres meses. Entre os seus cometidos estarán a limpeza e retirada de lixo na praia da Bestarruza e en toda a ribeira, así como o mantemento dos espazos públicos costeiros en xeral.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS