Habilítase un servizo de Noitebús durante estas festas
Publicada o 21 de Decembro de 2006 en Mocidade
A Dirección Xeral de Transportes da Xunta de Galiza habilitará, por mor das festas do Nadal, varias liñas de Noitebús que chegan a Mugardos para os días 22, 23, 29, 30 e 31 de decembro e 5 e 6 de xaneiro.
Os horarios serán os seguintes:
- Servizo Ferrol-Pontedeume: co percorrido Ferrol (Praza de Galiza)-Avenida de Esteiro-Campus Universitario-Esteiro-Praza de España-Barrio Pilar-Caranza-Parador de Fene-Perlío-Barallobre-Mariño-A Gallada-Franza-Mugardos-Ares-Redes-San Martiño-Cabanas-Pontedeume.
- Saídas de Ferrol ás 23:00, 01:00, 03:00, 05:00, 07:30 (desde Mugardos).
- Saídas de Pontedeume ás 00:00, 02:00, 04:00, 06:00 e 08:00 (até Mugardos).
O día 31 de decembro non se prestarán os servizos das 23:00 e das 00:00 horas.
A empresa encargada é Arriva Noroeste (tel. 981 330 046), e os billetes terán un prezo de 1,50 € ida e volta, agás nas áreas de transporte metropolitano, onde será o estabelecido para o billete ordinario.
