Concello de Mugardos

Actualidade

A Oficina de Turismo abrirá durante o Nadal

Publicada o Venres 22 de Decembro de 2006 en Turismo

O Concello de Mugardos, con motivo das Festas de Nadal, abrirá a Oficina de Información e Turismo desde o día 23 de decembro até o 6 de xaneiro de 2007, en horario de mañá de 11:30 a 14:30 horas.

A oficina sitúase na Casa do Reloxo, no peirao, por ser o punto de maior afluencia de visitantes.

A función da OIT é a de promocionar e informar sobre todos os atractivos turísticos que ofrece Mugardos, como son a súa gastronomía, festas, actos socio-culturais, paisaxes, organización de xornadas, etc. Fornécese así mesmo información doutras vilas de interese da comarca e do resto de Galiza.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2008 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS