Concello de Mugardos

Actualidade /

Inícianse os trámites da merca dun local para maiores

Publicada o 27 de Decembro de 2006 en Asuntos Sociais

A Concellaría de Asuntos Sociais comunica que na Xunta de Goberno Local celebrada este mércores 27 de decembro acordouse iniciar o proceso de adquisición, mediante concurso, dun local que será destinado a Centro Social de Maiores.

Os requisitos que deberá cumprir o devandito local é estar nunha das rúas do casco urbano (Avenida de Galiza e anexas), ter unha superficie mínima de 200 m2 e reunir as condicións legais de accesibilidade. O prezo máximo de licitación ascende a 190.000 €.

Tanto a concelleira de Asuntos Sociais, Margarida Corral, como o alcalde, Xosé Fernández Barcia, subliñaron que a merca do local, que responde a unha antiga reivindicación da poboación maior de Mugardos, dotará a este colectivo dun espazo propio onde desenvolver actividades, favorecendo a cohesión social entre as distintas xeracións, así como a participación e o grao de integración sociocomunitaria das persoas maiores.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS