Concello de Mugardos

Actualidade /

A Cabalgata dos Reis Magos percorrerá Mugardos o venres 5

Publicada o 3 de Xaneiro de 2007 en Cultura

A Concellaría de Cultura comunica que o venres día 5 de xaneiro terá lugar a tradicional Cabalgata dos Reis Magos, co seguinte programa:

  • 17:00 horas: saída da comitiva real do peirao mugardés percorrendo a Avenida de Galiza e as rúas Corzás e O Cristo.
  • 18:00 horas: recepción dos Reis Magos no Pavillón Polideportivo do Cristo a todos os nenos e nenas que queiran entregarlles as súas cartas.
  • 19:00 horas: saída das súas maxestades de Oriente cara a San Xoán de Piñeiro (19:15), Franza (19:45) e O Seixo (20:00).

Ao remate da recepción real, dará comezo no Pavillón un festival infantil con música, globos, un grupo de animación e lambetadas para os rapaces e rapazas. O festival finalizará ás 21:00 horas.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS