Concello de Mugardos

Actualidade /

Ábrese o prazo de solicitude de exención de taxas

Publicada o 18 de Xaneiro de 2007 en Asuntos Sociais

A Concellaría de Asuntos Sociais, Muller e Sanidade comunica que o prazo de presentación de solicitudes ou renovación para a exención das taxas da auga, o lixo e a rede de sumidoiros está aberto até o 23 de febreiro do ano 2007.

Para a presentación das solicitudes as persoas interesadas poderán dirixirse ao departamento de Asuntos Sociais, acreditando os seguintes documentos:

  • Fotocopia do DNI.
  • Recibo da auga, lixo ou rede de sumidoiros.
  • Certificado de convivencia.
  • Xustificante de ingresos de toda a unidade familiar.
  • Recibo do alugueiro, ou da hipoteca de ser o caso.

No ano 2006 houbo 71 solicitudes de exención total aceptadas, 2 bonificadas (co 25% do recibo) e 7 denegadas, estas últimas por excederen o límite de ingresos. Para poder optar a unha exención total, unha unidade familiar debe ter uns ingresos inferiores ao salario mínimo interprofesional, estabelecido en 570,6 € mensuais para o ano 2007.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS