Concello de Mugardos

Actualidade /

136 persoas beneficiáronse dos cursos de formación organizados polo Concello no 2006

Publicada o 21 de Xaneiro de 2007 en Emprego, Asuntos Sociais

Os cursos de formación organizados polas Concellarías de Emprego e Asuntos Sociais no ano 2006 tiveron unha participación conxunta de 136 persoas, o que supón un importante incremento respecto aos de 2005, que contaron con 82 alumnos e alumnas en total.

O número de horas dos cursos tamén aumentou substancialmente, pasándose das 872 de 2005 ás 1.936 do último exercicio, que fixeron que o Centro de Formación Francisco Vizoso, na parroquia de Franza, estivese ocupado practicamente ao completo durante todo o ano.

Os cursos desenvolvidos no 2006 foron os seguintes:

  • Curso de informática de usuario (80 horas)
  • Curso de hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos (6 horas)
  • Curso de aplicacións informáticas de xestión (320 horas)
  • Curso de monitor/a de educación ambiental (320 horas)
  • Curso de inglés de atención ao público (220 horas)
  • Curso de inglés de xestión comercial (220 horas)
  • Curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes (600 horas)
  • Curso de atención á infancia (130 horas)
  • Curso de folla de cálculo (40 horas)

Estes cursos foron tramitados fundamentalmente a través da Axencia de Desenvolvemento Local, e impartíronse ao abeiro de diversos programas, como poden ser o Proximitas Plus da Deputación ou o FIP, así como o Servizo Galego de Igualdade.

O Concello de Mugardos dispón actualmente dun Servizo de Orientación Laboral e dun punto de información do Servizo Público de Emprego.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS