O Coro do Centro de Maiores Caixa Galicia actuará este sábado no Casino Mugardés
Publicada o 7 de Febreiro de 2007 en Cultura, Asuntos Sociais
A Concellaría de Asuntos Sociais comunica que este sábado 10 de febreiro, ás 19:30 horas, haberá unha actuación do Coro do Centro de Maiores Caixa Galicia de Ferrol.
O recital levarase a cabo no Casino Mugardés, entidade que colabora co Concello na organización do acto.
