Exposición de Pilar Casas en proximART 2007
Publicada o 7 de Febreiro de 2007 en Cultura
Continúa o programa cultural proximART, que nesta edición do 2007 segue amosando manifestacións artísticas da nosa proximidade. Na sala de exposicións do baixo do Concello, no mes febreiro, a partir do luns 12 pode visitarse a obra de PILAR CASAS GIL, artista que define o seu estilo como realista con toques impresionistas.
A súa temática é moi variada, desde paisaxes galegas até a figura humana, decantándose ultimamente por representar nos seus óleos persoas solitarias, pensativas, melancólicas, polo que resulta máis interesante, ao seu entender, representar sentimentos ou sensacións que meras postais por belas que estas sexan.
O horario de visita da exposición é:
- Os días 12,13, 14, 15, 18, 19, 20, 21, 22, 23 de febreiro de 12:00 a 14:00 horas.
- O venres día 16 e sábado 17 de febreiro de 18:00 a 20:00 horas.
