Fusa Guillén actuará na sesión de contacontos do venres 16
Publicada o 14 de Febreiro de 2007 en Cultura
A Biblioteca Municipal continúa co programa anual de animación á lectura Os venres de conto cunha nova sesión de contacontos a cargo da animadora de Cedeira Fusa Guillén.
A ela poderán acudir todos os nenos e nenas que se animen a compartir un tempo divertido con nós. A dramatización de contos busca achegar os máis pequenos ao mundo da lectura de xeito ameno e divertido, de forma lúdica e formativa a un tempo.
A actividade desenvolveranse no Salón de Plenos do Concello o venres 16 de febreiro, ás 19:00 horas.
