Concello de Mugardos

Actualidade /

Apróbase a convocatoria de dúas prazas funcionariais

Publicada o 22 de Febreiro de 2007 en Emprego

A Xunta de Goberno Local aprobou, na súa última xuntanza, a convocatoria de dúas prazas de persoal funcionario do Concello, unha de auxiliar administrativo/a e outra de ordenanza-notificador/a.

Ambas as dúas serán cubertas polo sistema de oposición libre.

As bases e os prazos sairán publicados nos vindeiros días tanto no DOG como no BOP. Pódense descargar de xeito provisional na sección de Convocatorias desta páxina web.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS