Concello de Mugardos

Actualidade /

Bota a andar o programa musical "Circuíto 4x4"

Publicada o 26 de Febreiro de 2007 en Cultura

O Concello de Mugardos participa na 1ª edición do programa “CIRCUITO 4X4”, promovido pola Consellaría de Cultura e Deporte a través da Dirección Xeral de Creación e Promoción cultural.

A finalidade deste programa é a de facer chegar aos concellos a música galega de creación actual e a da tradición vocal e instrumental.

Consta de catro apartados ou circuítos temáticos, e Mugardos optou por escoller dúas das catro propostas: música de fusións e instrumentación tradicional.

O programa desenvolverase en dúas sociedades do Concello, tal e como se indica de seguido:

Casino Mugardés
Grupo Data Hora Lugar
EDELMIRO FERNÁNDEZ Venres, 2 de marzo 20:30 Casino Mugardés
DANI BELLÓN & DIEGO MACEIRAS Venres, 16 de marzo 20:30 Casino Mugardés
TALABARTE Venres, 30 de marzo 20:30 Casino Mugardés
RAO TRÍO Venres, 20 de abril 20:30 Casino Mugardés
Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo
Grupo Data Hora Lugar
FERNÁNDEZ E QUINTÁ Venres, 9 de marzo 20:30 Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo
LINHO DO CUCO Venres, 23 de marzo 20:30 Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo
TRÍO KIN GARCÍA Venres, 13 de abril 20:30 Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo
MARCOS TEIRA Venres, 27 de abril 20:30 Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo

As entradas serán a 3 € para o público en xeral e 2 € para estudantes, xubilados/as ou parados/as.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS