O Concello solicita á Xunta unha subvención para remodelar o Xulgado de Paz
Publicada o 15 de Marzo de 2007 en Obras
O Concello de Mugardos comunica que acaba de solicitar á Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza unha subvención para levar a cabo a remodelación do Xulgado de Paz, anexo á Casa do Concello.
A actuación proxectada consiste na demolición das actuais estancias do xulgado, con levantado das instalacións, tabicaría e rebocado das novas estancias, solados e azulexados, pinturas, carpintaría exterior e cerrallaría, fontanaría e saneamento, electricidade, instalación contraincendios, calefacción e equipamento.
O prazo de execución das obras calcúlase en seis meses. O orzamento ascende a 56.059,94 €, dos que o Concello asumiría o 20%, caso de que a solicitude fose estimada. Esta mesma liña de subvencións da administración autonómica foi empregada recentemente para acometer a remodelación completa da Casa do Concello, que conta agora cunhas instalacións modernas e equipadas.
