Concello de Mugardos

Actualidade /

O programa “Tempo para a convivencia” continúa cunha escola de nais e pais

Publicada o 16 de Marzo de 2007 en Educación

A comunidade educativa mugardesa, por cuarto ano consecutivo, volve sumar os seus esforzos para desenvolver os Tempos Educativos. Após o Tempo das matemáticas no ano 2004 e o Tempo do Quixote no 2005, para os anos 2006 e 2007 elixiuse como temática o Tempo para a convivencia.

Este programa, cun enfoque educativo transversal en todos os niveis de escolarización, pretende abordar as situacións e os espazos de comunicación entre a escola, a familia e a sociedade. Como froito das xuntanzas de traballo celebradas para programar as actividades, os obradoiros e os foros comúns e así desenvolver o programa, xurdiu a iniciativa da creación dunha Escola de Nais e Pais como foro de información e coñecemento das relacións entre proxenitores e rapaces e rapazas. A escola comeza a súa andaina presentando estes primeiros actos.

  • Martes 20 de marzo, 18:00, IES Mugardos, conferencia-coloquio a cargo de Xosé Antonio de Prado: Pais e nais como educadores, que rematará ás 20:00 cun “Pincho da convivencia”.
  • Mércores 28 de marzo, 18:00, IES Mugardos, conferencia-coloquio a cargo de Xosé Antonio de Prado: Relacións pais/nais con fillos/as.
  • Martes 24 e xoves 26 de abril, 18:00, IES Mugardos, conferencia-coloquio a cargo de Pilar Bermejo: Prevención de drogas e alcohol.

Disporase dun servizo de coidado para os nenos e nenas dos asistentes. Pode obterse máis información no Concello de Mugardos, tel. 981 470 338 ext. 3.

Organizan: Concellaría de Educación do Concello de Mugardos, ANPA Catro Camiños, ANPA O Pazo, ANPA O Castro, IES Mugardos, Colexio Loyola, CEIP Unión Mugardesa, CEIP Santiago Apóstolo, EEI San Xoán de Piñeiro, EEI O Seixo.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS