Concello de Mugardos

Actualidade /

Adxudícanse o reforzo do firme e as beirarrúas da estrada Franza-Rilo

Publicada o 21 de Marzo de 2007 en Obras

A Concellaría de Obras comunica que a Xunta de Galiza acaba de adxudicar as obras de reforzo do firme e construción de beirarrúas no tramo Franza-Rilo da AC-133, cuxa pavimentación presenta actualmente un mal estado, e que só conta cunha estreita senda para o paso dos peóns.

A empresa adxudicataria é CRC Obras y Servicios, S.L., cun orzamento de 160.766 €. Segundo as previsións do Concello e da Consellaría de Política Territorial, as obras poderían estar rematadas neste verán.

Esta actuación prodúcese logo das xestións levadas a cabo polo goberno local perante a administración autonómica, e responde a unha demanda veciñal de moitos anos. Nestes momentos xa está en execución o tramo de beirarrúas Mugardos-Rilo. O Concello xestiona agora perante a Xunta a licitación de novos tramos en Franza e San Xoán de Piñeiro.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS