Xornadas de observación astronómica en Mugardos
Publicada o 16 de Agosto de 2006 en Medio Ambiente
A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Mugardos comunica que organiza, en colaboración coa Sociedade Galega de Historia Natural, dúas xornadas de observación astronómica. A primeira delas terá lugar este venres 11 de agosto: ás 22:00 horas darémonos cita diante da Casa do Concello para dirixirnos cara a Montefaro, desde onde se observarán as Perseidas, Xúpiter e a Lúa. A segunda, o luns 14 de agosto, será diurna, ás 11:00 da mañá no peirao (Parque da Constitución), e aproveitaremos para ver a Lúa, Venus e as manchas do Sol cun equipo especial fornecido pola SGHN.
