Concello de Mugardos

Actualidade /

Ábrense os prazos de inscrición na EIM e de acollemento de nenos saharauís

Publicada o 16 de Abril de 2007 en Asuntos Sociais

A Concellaría de Asuntos Sociais, Muller e Sanidade informa da apertura de prazo de presentación de solicitudes de reserva de praza para a Escola Infantil Municipal das Lagoas.

As familias con nenos ou nenas xa matriculados/as na EIM que desexen renovar a praza deberán cubrir a folla de reserva da praza, na que se xustificarán os documentos actualizados xa presentados no exercicio anterior (económicos, sanitarios, sociais, de empadroamento e outros).

O prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso abrirase o 2 de maio e rematará o 31 de maio. A idade máxima será de tres anos, podendo permanecer na EIM aqueles nenos e nenas que non teñan cumpridos os 3 anos a 31 de decembro do ano no que se presenta a solicitude de ingreso. Para maior información poden achegarse ou chamar ás oficinas de Servizos Sociais (981 470 338).

Por outra banda, hoxe ábrese tamén o prazo para solicitar o acollemento familiar temporal de nenos/as saharauís para o presente verán. O Concello acordou sufragar os gastos de seis viaxes relativas a este programa.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS