Concello de Mugardos

Actualidade

Adxudícase o abastecemento de auga a San Xoán de Piñeiro

Publicada o Venres 20 de Abril de 2007 en Obras

A Concellaría de Obras comunica que na Xunta de Goberno Local celebrada este venres 20 de abril adoptouse, entre outros acordos, o de adxudicar á empresa Aquagest o abastecemento de auga a San Xoán de Piñeiro, 1ª fase, cun orzamento de 167.677,85 €. Esta actuación, que responde a unha demanda histórica dos veciños e veciñas da parroquia, está financiada integramente con fondos municipais, e vén complementar a do outro lugar que carecía de auga, Franza (1ª fase xa rematada e 2ª a piques de se licitar).

O prazo de execución dos traballos a partir do seu inicio estímase en dous meses, co que este servizo básico poderá entrar en funcionamento no verán. O tramo que se verá beneficiado será o da Gallada-Camiño Grande, nas dúas marxes da AC-122, no que se concentran a metade das vivendas desta parroquia. É previsión do goberno municipal que as obras poidan iniciarse antes de que remate o mes de abril.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2008 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS