Concello de Mugardos

Actualidade /

A directora xeral de Comercio reúnese co empresariado de Mugardos

Publicada o 11 de Maio de 2007 en Xeral, Emprego

O Concello promoveu este mércores un encontro entre membros da Asociación de Empresarios e Comerciantes, que se acaba de constituír, e a directora xeral de Comercio de la Xunta, Ana Rúa, quen explicou a política da administración autonómica na materia.

O acto tivo lugar no Salón de Plenos, e nel participaron tamén o alcalde, Xosé Fernández Barcia, e o concelleiro de Emprego, Evaristo Deus.

A responsábel da Xunta apuntou a posibilidade da creación dun Centro Comercial Aberto, e considerou interesante a aplicación de iniciativas destas características para revitalizar os núcleos de poboación. Sinalou tamén que a existencia dunha Área de Rehabilitación Integral beneficiará os intereses de Mugardos, xa que a Consellaría de Innovación e Industria ten reservados nove millóns de euros para facer fronte a intervencións que axuden a mellorar o urbanismo relacionado co comercio. Mugardos xa recibiu máis de 100.000 para a obra do mercado.

Canto aos empresarios, os seus representantes, Guadalupe Pazos e Juan Higinio Rey, adiantaron que teñen a intención de aplicar de cara ao verán medidas de promoción do comercio local, na liña do exitoso programa Merca Mugardos.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS