Job Sánchez e Andrea Fraguela, gañadores respectivos do Bello Piñeiro e o Piñeiro Pose
Publicada o 12 de Maio de 2007 en Cultura
XVII CONCURSO DE PINTURA “BELLO PIÑEIRO” E “PIÑEIRO POSE”
ACTA DO DITAME DO CONCURSO
Reunido na Casa da Cultura o xurado composto por Carmen Chacón, artista plástica, Loureiro, artista plástico, Manuel Patinha, escultor. Presidido polo alcalde, Xosé Fernández Barcia, actuando como secretaria Mª del Mar Nóvoa Conde, e contando coa presenza do concelleiro de Cultura, Evaristo Deus Deus; ás 11.00 horas do día 11 de maio de 2007, procédese a ditaminar o devandito concurso, co seguinte resultado:
CONCURSO DE PINTURA “BELLO PIÑEIRO” (maiores de 18 anos). Tras a análise efectuada polo xurado acádase o seguinte resultado:
PREMIO:
- Autor: JOB SÁNCHEZ JULIÁN
- Título da obra: Añadido
- Premio: 1.800 euros.
Así mesmo, reciben a categoría de accésit, xa que optaron ao premio, aínda que non o acadaron, os seguintes:
ACCÉSIT:
- Autora: CARMEN MARTÍN SERANTES
- Título da obra: Nun palet da lonxa
- Autor: FRANCISCO MACEIRA RODRÍGUEZ
- Título da obra: Holocausto en Mugardos. Patrocina Reganosa
O xurado resolve non seleccionar ningunha obra.
CONCURSO DE PINTURA “PIÑEIRO POSE” (até 18 anos). A continuación procédese a ditaminar este concurso, acadando o seguinte resultado:
PREMIO:
- Autora: ANDREA FRAGUELA RODRÍGUEZ
- Título da obra: Fui a la Cabana y pinté a Mugardos
- Premio non metálico: valorado en 900 euros que consiste nunha viaxe cultural a Madrid para a premiada e acompañante.
Así mesmo, acadan a categoría de accésit, recibindo premio (non metálico) co obxecto de estimular a participación e calidade dos máis novos/as:
ACCÉSIT:
- Autora: RAQUEL VARELA FERNÁNDEZ
- Título da obra: O amencer máxico
- Autor: NOEL CARTAMIL CANEIRO
- Título da obra: Un mar de paz
O xurado fai MENCIÓN ás seguintes obras:
- Autora: VIOLETA DOCE CANEIRO
- Título da obra: O bosque do lago
- Autor: IRIS LOPEZ PRIETO
- Título da obra: Traballo experimental
- Autora: MARÍA GONZÁLEZ ROMERO
- Título da obra: Xogo coa natureza
O xurado resolve non seleccionar ningunha obra.
E non sendo outro o motivo da presente, dáse por rematado o acto, ás 13:45 horas do venres día 11 de maio de 2007, levántase a presente acta, que asinan os/as asistentes.
