Concello de Mugardos

Actualidade /

Aberto o prazo de inscrición nos Campamentos Deportivos e no Campus de Fútbol

Publicada o 4 de Xuño de 2007 en Deportes

A Concellaría de Deportes informa que, a través da Deputación Provincial, o Concello de Mugardos participa un ano máis nos Campamentos Deportivos e no Campus de Fútbol que se van a desenvolver no mes de xullo na Coruña.

  • CAMPAMENTOS DEPORTIVOS:
    • Idades: entre os 9 e os 13 anos
    • Quenda: do 15 ao 21 de xullo
    • Prezo: 80 €
    • Prazo de inscrición: até o 25 de xuño
  • CAMPUS DE FÚTBOL:
    • Idades: entre os 9 e os 13 anos
    • Quenda: do 8 ao 14 de xullo
    • Prezo: 70 €
    • Prazo de inscrición: até o 18 de xuño

Para máis información e inscricións dirixirse ao Departamento de Deportes, ou ben, á OMIX, Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada no baixo do Concello, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS