Concello de Mugardos

Actualidade /

O Concello intenta xestionar a continuidade da escola unitaria de San Xoán

Publicada o 4 de Xullo de 2007 en Educación

O Concello de Mugardos está a levar a cabo xestións perante a delegación provincial da Consellaría de Educación da Xunta de Galiza para intentar evitar o peche da escola unitaria de San Xoán de Piñeiro, que a administración autonómica prevé executar en breve, ao considerar que hai un número demasiado baixo de alumnos (catro matriculados no presente curso).

Desde o Concello, porén, dispomos de estudos que apuntan a un aumento da natalidade e, xa que logo, dos futuros matriculados nesta parroquia. No 2000 xa se intentara pechar o centro, o que finalmente se evitou grazas a outro repunte da natalidade, situación similar á actual. A LOE que vai entrar en vigor proximamente prevé ademais que se poida matricular nestes centros alumnado de dous anos de idade, o que evitaría a fuga a escolas concertadas que se está producindo agora mesmo.

O Concello xa ten mantido xuntanzas con representantes das ANPAs, coa profesora do centro e cos veciños da parroquia. En breve agardamos ter unha entrevista con Pedro Armas, delegado de Educación, a quen lle exporemos todos estes argumentos. Nos últimos catro anos, ademais, téñense efectuado investimentos considerábeis da Xunta e do Concello neste edificio.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2009 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS