Concello de Mugardos

Actualidade /

A Oficina de Turismo abrirá durante o verán

Publicada o 12 de Xullo de 2007 en Turismo

A Concellaría de Turismo comunica que a Oficina de Información e Turismo de Mugardos abrirá desde o día 13 de xullo até o 30 de setembro de 2007, co seguinte horario:

  • Mañás: de 12:00 a 14:30 horas
  • Tardes: de 17:15 a 21:00 horas

Permanecerá pechada os luns e martes pola mañá.

A oficina sitúase na Casa do Reloxo, no peirao, por ser o punto de maior afluencia de visitantes.

A función da OIT é a de promocionar e informar sobre todos os atractivos turísticos que ofrece Mugardos, como son a súa gastronomía, festas, actos socioculturais, paisaxes, organización de xornadas, etc. Fornécese así mesmo información doutras vilas de interese da comarca e do resto de Galiza.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS