Publicada o Venres 13 de Xullo de 2007 en Servizos, Sanidade
Perante as chamadas que se están a recibir no Concello dalgúns veciños e veciñas solicitando información acerca dunha empresa que ofrece a venda de filtros de auga en determinados núcleos do municipio, comunícase que esa empresa non ten relación ningunha coa administración local.
O Concello realiza sempre as súas análises e medicións a través dunha farmacia, como pode facer calquera persoa que desexe contrastar as medicións que se lle poidan presentar antes de adquirir un filtro.