Julio Romero e Helga Peña, gañadores do V Certame de Relato Curto en Galego
Publicada o 27 de Novembro de 2007 en Política Lingüística, Cultura
ACTA DA RESOLUCIÓN DO CERTAME
Reunido na sala de comisións do Concello de Mugardos o xurado composto por Dª. Carolina Cruz Fernández, concelleira de Cultura, Deportes, Ensino, Mocidade e Política Lingüística; Dª. Carmen Bar Cendón, bibliotecaria; Dª. Anxos García, profesora de Secundaria; D. Juan Álvarez Garea, profesor de Secundaria; Dª. Beatriz Maceda Abeleira, mestra de Primaria; D. Óscar Mourenza Fernández, mestre de Primaria; Dª. Fátima García Cendán, Bibliotecaria Municipal; Secretaria, Dª. Mª del Mar Nóvoa Conde; o martes 27 de novembro de 2007 ás 17:30 horas,
Procédese a resolver o devandito certame, co seguinte resultado:
- Categoría: maiores de 18 anos. Tras a análise efectuada polo xurado, resultan finalistas os seguintes relatos:
- Título: BREA, A ARBRE DA PRAZA, pseudónimo: Foucellas, autor: Francisco Javier Varela Queijas
- Título: ZAPATOS NOVOS, pseudónimo: Leolo López Troitiño, autor: Marcos López Concepción
- GAÑADOR: maiores de 18 anos
- Título: BLUES DE NADAL
- Pseudónimo: Alba
- Autor: Julio Romero Suárez
- GAÑADORA: menores de 18 anos
- Título: A LEBRE MARGARIDA
- Pseudónimo: Helga
- Autora: Helga Peña Díaz
E non sendo outro o motivo da presente, dáse por rematado o acto, sendo as 19:00 horas da data consignada no comezo, e levantándose a presente acta, que asinan os/as asistentes.
