O Concello freta un autobús para asistir ao Galiza-Camerún e ao Galiza-Cataluña
Publicada o 18 de Decembro de 2007 en Deportes
O xoves 27 de decembro a Concellaría de Deportes organiza unha viaxe ao estadio vigués de Balaídos para ver os partidos de fútbol Galiza-Camerún, na categoría masculina, e Galiza-Cataluña, na feminina, con saída ás 15:30 en autobús desde a Casa do Concello. A viaxe inclúe monitores acompañantes máis entrada, por un prezo de 6 € os menores de idade e de 10 € os maiores de 18 anos.
As inscricións deberán formalizarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (981 47 03 38 ext.3) até o mércores 26 de decembro. Terán preferencia os menores de 18 anos.
Caso de haber máis solicitantes que prazas (48) procederase ao sorteo das mesmas entre as persoas inscritas.
