O Concello organiza unha visita á illa de San Simón
Publicada o 14 de Setembro de 2006 en Cultura
A Concellaría de Cultura de Mugardos, ao abeiro da programación do Ano da Memoria, xestionada pola Consellaría de Cultura e Deportes da Xunta de Galiza a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, está organizando unha viaxe á illa de San Simón, para visitar e dar a coñecer a historia da illa e a exposición A illa da memoria, instalada no edificio da illa de San Antón. A viaxe terá lugar sábado día 23 de setembro.
O Concello de Mugardos porá un bus no que se cubrirán as prazas por rigorosa orde de inscrición previo aboamento de 3 €. O número de prazas dispoñíbeis é de 53. As inscricións poden formalizarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
