Concello de Mugardos

Actualidade /

Costa Ártabra subvencionará a rehabilitación do edificio das Lagoas

Publicada o 16 de Setembro de 2006 en Cultura, Asuntos Sociais

A Asociación Costa Ártabra, entidade dependente da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), e na que están integrados todos os concellos da comarca, comunicou xoves 14 de setembro que subvencionaría o 50% do custo da rehabilitación do edificio municipal das Lagoas. O orzamento total do proxecto é de 238.935,57 €, dos que Costa Ártabra achega pois 119.467,78. As obras consisten no amaño integral do primeiro andar e mais do tellado do edificio, en cuxa planta baixa, recentemente acondicionada, se sitúa a Escola Infantil Municipal. Co fin de facilitar a accesibilidade, instalarase tamén un ascensor. E por último, levarase a cabo así mesmo unha reparación integral do patio do recinto.

Unha vez rematados os traballos, Mugardos contará cunhas instalacións de primeira categoría para albergar a maior parte das escolas culturais municipais. Segundo manifestou o concelleiro de Educación, Evaristo Deus, é intención do goberno local que as obras poidan estar licitadas xa no mes de outubro.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS