A Oficina de Turismo abrirá durante a Semana Santa
Publicada o 14 de Marzo de 2008 en Turismo
O Concello de Mugardos, con motivo da Semana Santa, abrirá a Oficina de Información e Turismo desde o día 16 até o 23 de marzo, en horario de 11:30 a 14:30 e de 16:30 a 19:30, agás o luns, que permanecerá pechada.
A oficina sitúase na Casa do Reloxo, no peirao, por ser o punto de maior afluencia de visitantes.
A función da OIT é a de promocionar e informar sobre todos os atractivos turísticos que ofrece Mugardos, como son a súa gastronomía, festas, actos socio-culturais, paisaxes, organización de xornadas, etc. Fornécese así mesmo información doutras vilas de interese da comarca e do resto de Galiza.
