Organízase o XVIII Certame de Rondallas
Publicada o 31 de Marzo de 2008 en Cultura
A Concellaría de Cultura de Mugardos, xunto co Casino Mugardés, organiza a XVIII edición do Certame de Rondallas, que terá lugar o vindeiro sábado día 5 de abril de 2008 no local do Casino Mugardés. Participarán un total de sete rondallas, co seguinte programa::
- 18:30 horas, concentración de rondallas no peirao de Mugardos
- 19:00 horas, desfile de todas as rondallas até o Casino Mugardés
- 20:00 horas, comezo das actuacións no Casino.
Número de actuacións por rondalla: dúas cancións (unha de Pepitas e outra de libre elección) e un pasarrúas.
Rondallas participantes por orde de actuación:
- Rondalla “Bohemios”
- Rondalla “Lucero del Alba”
- Rondalla “Sonidos del Alba”
- Rondalla “Club de Campo”
- Rondalla aresá “Os Trobadores”
- Rondalla “Añoranzas”
- Rondalla Mugardesa
Presentador: Pichi Varela
Organiza: Concello de Mugardos, Concellaría de Cultura; Casino Mugardés
Colabora: Deputación Provincial
