O Concello organiza diversas actividades polo Día Mundial do Medio Ambiente
Publicada o 5 de Xuño de 2008 en Medio Ambiente
A Concellaría de Medio Ambiente, dirixida por Xosé Xoán Roca Lorenzo, vai realizar unha serie de actividades de concienciación medioambiental entre os escolares do concello. As actividades darán comezo este xoves ás 11 da mañá, cunha ruta ciclista escolar desde o pavillón municipal do Cristo até a punta do Segaño. Os colexios participantes son: CEIP “Unión Mugardesa”, CEIP “Santiago Apóstolo” de Franza e o IES de Mugardos; en total uns 100 alumnos e alumnas dos cursos de 5º, 6º e primeiro da ESO.
O obxectivo é o de concienciar no uso da bici como transporte eficiente e non contamínante, así como a valoración do alumnado da riqueza que supón a nosa ría. Na vindeira semana seguirase con obradoiros medioambientais tamén dirixidos a todo o alumnado.
