Concello de Mugardos

Actualidade

Organízanse varios actos arredor da xornada do 25 de novembro

Publicada o Venres 21 de Novembro de 2008 en Muller, Asuntos Sociais

A Concellaría de Benestar, Igualdade e Sanidade do Concello de Mugardos presenta o programa de actividades a desenvolver con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller:

  • Presentación da páxina web da comunidade educativa mugardesa (alumnado, profesorado, pais e nais), http://www.concellodemugardos.org/premuvi/, como un punto de encontro e foro de debate onde tratar a temática da violencia: violencia de xénero, acoso escolar, ciberbullying, grooming…
  • Mostra fotográfica “A beleza está nos ollos de quen mira”, desde o venres 21 até o sábado 29, no baixo do Concello.
  • Campaña de sensibilización da Violencia de Xénero: entrega de bolsas reutilizábeis no mercado de Mugardos e trípticos para identificar os distintos tipos de violencia que se dan na nosa sociedade.
  • Teatro Mariclown no IES Mugardos, luns 24 ás 12:30: “Día tras día a vida de Rosa”, unha fusión de teatro, circo e cabaré que reflicte a vida dunha muller destes tempos. Posta en marcha por tres pallasas que rin delas mesmas… e rin moito…
  • Presentación do I Plano contra a Violencia de Xénero e do III Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello de Mugardos, 2008-2011, no I Foro de participación das mulleres, que se desenvolverá no Centro Cívico o martes día 25 ás 18:30, onde se abordará o tema “A violencia está connosco??”, a cargo de Mª Jesús Lois Navaza.
  • Obradoiro para mulleres entre 18 e 55 anos: “Corpo’s, Xénero’s e Autoestima’s”, que se desenvolverá o venres 28 ás 17:00 no baixo do Concello. Para participar cómpre apuntarse no teléfono 981 470 338, ext. 1 ou en Servizos Sociais, no 2º andar do Concello.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2008 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS