Helga Peña e Julio Romero, gañadores do VI Certame de Relato Curto
Publicada o 28 de Novembro de 2008 en Política Lingüística, Cultura
VI CERTAME DE RELATO CURTO EN GALEGO “CONCELLO DE MUGARDOS”
ACTA DO DITAME DO CERTAME
Reunido na sala de comisións do Concello de Mugardos o xurado composto por Dª. Carolina Cruz Fernández, concelleira de Cultura, Deportes, Ensino, Mocidade e Política Lingüística; Dª. Francisca Pérez Bouza, mestra de Primaria; Dª. Aurora Varela Caabeiro, filóloga e profesora de galego; D. Juan Álvarez Garea, profesor de Secundaria; D. Jaime Pereira Maroto, estudante; D. Óscar Mourenza Fernández, mestre de Primaria; Dª. Fátima García Cendán; bibliotecaria municipal, sendo a secretaria do xurado Dª. Mª del Mar Nóvoa Conde,
- Data: mércores, 26 de novembro de 2008
- Hora: 17:15 horas
Procédese a ditaminar o devandito Certame; tras a análise efectuada polo xurado, acádase o seguinte resultado:
Categoría: menores de 18 anos
- GAÑADORA:
- Título: VIAXES SIMULTÁNEAS
- Pseudónimo: Gallega Crazy
- Autora: Helga Peña Díaz
- MENCIÓN:
- Título: A FRAGA DAS FADAS
- Pseudónimo: Lore
- Autora: Lorena Franco Díaz
Categoría: maiores de 18 anos
- GAÑADOR:
- Título: XENTES DA COSTA DA MORTE
- Pseudónimo: arl.vainaherva.com
- Autor: Julio Romero Suárez
- MENCIÓN:
- Título: OS MOTIVOS DOS CANS SEN DONO
- Pseudónimo: Fontardión
- Autor: Mario Valdivieso Mateo
E non sendo outro o motivo da presente, dáse por rematado o acto, sendo as 18:00 horas da data consignada no comezo, e levantándose a presente acta, que asinan os/as asistentes.
