Concello de Mugardos

Actualidade /

Música e teatro, na Rede Cultural 2008 de decembro

Publicada o 6 de Decembro de 2008 en Cultura

A Concellaría de Cultura, Deportes, Ensino, Mocidade e Política Lingüística, con motivo do Nadal, organiza unha programación musical e teatral coa colaboración da Deputación da Coruña, a través do programa da Rede Cultural 2008. As actuacións dos diferentes grupos realizaranse nos lugares e datas que deseguido se indican:

Grupo: MAGO MARTTYN

  • Lugar: Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo
  • Data: venres 5 de decembro de 2008 ás 20:00

Grupo: TEATRO MÁMOA

  • Lugar: Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo
  • Data: sábado 6 de decembro de 2008 ás 20:00

Grupo: QUINTETO DE VENTO DO CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA

  • Lugar: CEIP “Santiago Apóstolo” de Franza
  • Data: venres 12 de decembro de 2008 ás 12:00

Grupo: DANZA GAIRA

  • Lugar: Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo
  • Data: domingo 14 de decembro de 2008 ás 19:00

Grupo: GRUPO DE TEATRO PICOMPÉ

  • Lugar: Casino Progreso de Franza
  • Data: venres 19 de decembro de 2008 ás 11:00

Grupo: TRÍO INTERMEZZO

  • Lugar: Escola municipal de Música – Mugardos
  • Data: venres 19 de decembro de 2008 ás 17:00

Grupo: GRUPO DE TEATRO A LOCOMOTORA

  • Lugar: Sociedade Recreativa e Cultural de San Xoán de Piñeiro
  • Data: domingo 21 de decembro de 2008 ás 12:00

A entrada é libre e gratuíta a todas as actuacións.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS