Concello de Mugardos

Actualidade /

III Ciberencontro Kernel 2006 na Casa da Cultura

Publicada o 19 de Setembro de 2006 en Mocidade, Cultura

A Concellaría de Cultura comunica que este venres 22 de setembro dará comezo o ciberencontro Kernel 2006, que rematará domingo día 24 pola tarde. Hai un total de 70 persoas inscritas, polo tanto está cuberta toda a oferta de prazas. Toda a información e o programa atópanse na páxina www.xornadas.tk, que conta con áreas de descarga, un foro no que facer suxestións e unha morea de cousas máis.

Este ano, como actividades “paracibernéticas”, contaremos coa 2ª edición do lanzamento de “hardware olimpic”, “concurso foto_p@rty” e un impresionante “ciberchurrasco” o sábado 23 á noite para os participantes.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2009 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS