Organízase un seminario sobre a creación de empresas
Publicada o 28 de Setembro de 2006 en Emprego
A Concellaría de Emprego organiza un “Seminario para a difusión da creación de empresas” en colaboración co IGAPE e BIC GALICIA o vindeiro 6 de outubro ás 17:00 horas no Salón de Plenos do Concello.
Os seminarios para a difusión da creación de empresas son unha acción de sensibilización e difusión encadrada no marco do apoio á innovación que fai o IGAPE a través do seu Programa de Emprendedores e que son desenvolvidos por BIC GALICIA.
Os obxectivos dos mesmos son difundir cómo se xeran as ideas empresariais, romper mitos sobre as persoas que crean empresas e amosar a través de vivencias persoais de emprendedores que calquera pode desenvolver un proxecto empresarial.
Este seminario está dirixido principalmente á xente nova, estudantes, traballadores en activo, desempregados/as, e en xeral, a todas aquelas persoas con inquedanzas empresariais.
Para asistir ao mesmo poderán inscribirse até o día 3 de outubro na Axencia de Desenvolvemento Local do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou ben chamando por teléfono ao número 981 470 338.
