Remata o asfaltado da rúa Contramestre Casado
Publicada o 29 de Setembro de 2006 en Obras
A Concellaría de Obras comunica que acaban de rematar os traballos de asfaltado en quente da rúa Contramestre Casado, consistentes na instalación dunha nova capa de firme de tres centímetros ao longo da devandita vía, así como o levantamento das tapas e rexistros existentes. A intervención nesta zona, unha das de maior densidade de poboación de Mugardos, e que xa comezaba a presentar signos de deterioro, ten un orzamento de 10.681,44 €.
Esta actuación vén dar continuidade a asfaltados similares realizados recentemente nas rúas da Teupoeira, As Barcias e O Cristo.
