Comeza un novo curso de perfeccionamento de galego
Publicada o 29 de Setembro de 2006 en Política Lingüística
A Concellaría de Política Lingüística do Concello de Mugardos informa da realización dun curso de galego de perfeccionamento, que dará comezo o luns día 2 de outubro ás 20:00 horas no Centro Cívico. O horario previsto será de luns a venres de 20:00 a 22:00 horas.
Todas as persoas interesadas terán que acompañar ás solicitudes do curso o diploma ou validación do curso de iniciación e presentaranse na Oficina de Información Xuvenil.
Ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo, de 75 horas, expedido pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
