Concello de Mugardos

Actualidade /

Crearase unha ruta de sendeirismo entre Rilo e A Redonda

Publicada o 12 de Outubro de 2006 en Turismo

A Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galiza vai subvencionar integramente a creación dunha ruta de sendeirismo desde o sur até o noroeste do territorio mugardés, concretamente entre Rilo e A Redonda.

O traxecto comezará no Pazo de Rilo, e atravesará os lugares do Bailón, Souto da Cana, A Seaña, Simou, Mariocos, Roibeiras, A Fraga, O Baño e A Redonda, e rematará no Castelo da Palma. O percorrido considérase dunha dificultade baixa, con desniveis de 1 a 100 metros de altitude sobre o nivel do mar, agás tramos puntuais de dificultade media con desniveis de entre o 8% e o 10%, preto de Montefaro, cunhas cotas de 266 metros. A ruta pódese realizar a pe, en bicicleta ou dacabalo.

Ao se tratar dun sendeiro local, a sinalización irá en cores branca e verde. Para a súa creación recuperaranse antigos camiños. O seu orzamento, que contempla a limpeza e acondicionamento dos sendeiros, así como a correspondente sinalización, ascende a 29.994,69 €. O mantemento da ruta correrá logo a cargo do Concello.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS