O Concello disporá de 8.000 m² de terreo polo convenio co Castelo da Palma
Publicada o 16 de Outubro de 2006 en Urbanismo
A entidade promotora da conversión do Castelo da Palma nun hotel acaba de ofrecer ao Concello unha parcela duns 8.000 metros cadrados para compensar á administración local polo cambio de uso da propiedade da fortaleza, superficie equivalente á que ocupa o castelo.
Os terreos sitúanse na zona de Roibeiras, e reúnen todos os condicionantes esixidos inicialmente aos promotores para levar a cambio o troco. Segundo apuntou o alcalde, Xosé Fernández Barcia, entre os posíbeis usos que poderían darse a esta nova parcela municipal, destinada a usos xerais, figuran a súa habilitación como espazo de lecer ou parque.
A súa adquisición por parte dos promotores e a súa entrega ao Concello era o paso previo á modificación puntual do Plano Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que permitirá levar a cabo a rehabilitación do Castelo da Palma como hotel.
