Concello de Mugardos

Actualidade /

Comezan as obras das beirarrúas da Pedreira

Publicada o 17 de Outubro de 2006 en Obras

A Concellaría de Obras comunica que este martes 17 de outubro deu comezo a construción de beirarrúas no tramo da AC-133 comprendido entre Mugardos e Rilo, logo de que a semana pasada fose asinada a correspondente acta de replanteo polo alcalde, o enxeñeiro da Xunta e os responsábeis da empresa adxudicataria. O prazo de execución das obras é de cinco meses.

Segundo o compromiso adquirido pola Consellaría de Política Territorial perante o Concello, en breve iniciarase tamén a mellora do tramo Rilo-Franza. É igualmente intención da administración autonómica que o tramo A Gallada-Limodre poida estar contratado antes de que remate o 2006.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS