Este venres 20 de outubro farase unha sesión de contacontos
Publicada o 17 de Outubro de 2006 en Cultura
A Concellaría de Cultura retoma o programa anual de animación á lectura “Os venres de conto” coa primeira sesión de contacontos que se celebrará o venres día 20 de outubro ás 19:00 horas, a cargo da animadora Fusa Guillén, de Cedeira, e a ela poderán acudir todos os nenos e nenas que se animen a compartir un tempo divertido con nós.
A dramatización de contos busca achegar os máis pequenos ao mundo da lectura de xeito ameno e divertido, de forma lúdica e formativa a un tempo. A actividade desenvolverase no Salón de Plenos do Concello.
