Exposición de Ángeles Pillado en proximART 2006
Publicada o 17 de Outubro de 2006 en Cultura
Continúa o programa cultural proximART 2006, que presenta mensualmente unha manifestación das artes plásticas da nosa proximidade. Na sala de exposicións do baixo do Concello inaugúrase este venres día 20 de outubro a exposición de ÁNGELES PILLADO, artista nada en Viveiro e licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo no ano 1999.
O horario de visitas é:
- Venres día 20 de 18:00 a 20:00 horas
- Do sábado 21 ao venres día 27 de 12:00 a 14:00 horas.
