O día 24 ábrese a inscrición no curso de linguaxe de signos
Publicada o 20 de Outubro de 2006 en Asuntos Sociais
A Concellaría de Asuntos Sociais comunica que desde o vindeiro martes 24 de outubro e até o 15 de novembro estará aberto o prazo de inscrición no curso de iniciación á linguaxe de signos que se realizará proximamente.
O curso ten unha duración de 60 horas, dirixido a aquelas persoas empadroadas en Mugardos e maiores de 18 anos. As datas de celebración do mesmo concretaranse cando remate o prazo de inscrición.
As persoas interesadas en formalizar a inscrición no curso poden facelo no departamento de Servizos Sociais, no segundo andar da Casa do Concello, ou ben obter máis información no teléfono 981 47 03 38.
