Concello de Mugardos

Actualidade /

Mellorarase o alumeado no Campo do Río, O Monte e A Abeleira

Publicada o 20 de Outubro de 2006 en Servizos, Obras

A Concellaría de Obras do Concello de Mugardos comunica que na Xunta de Goberno Local celebrada este venres día 20 de outubro aprobouse a licitación de tres alumeados, en concreto nas zonas do Campo do Río (O Seixo), O Monte (Franza) e A Abeleira (San Xoán de Piñeiro).

No caso do Campo do Río, a actuación consiste na instalación dun novo alumeado na área de lecer creada recentemente, e levará incluído un difusor lumínico que dará servizo a todo O Seixo. Este aparello permite reducir a intensidade da luz a partir da hora que se programe, sendo pois un importante instrumento de aforro enerxético, o primeiro destas características co que conta Mugardos. Canto ao Monte, poranse varios puntos de luz novos nun tramo da estrada CP-3504 actualmente escuro. Na Abeleira renovarase toda a rede, xa obsoleta e deteriorada.

O custo destas tres actuacións en conxunto ascende a 74.870,95 €, dos que a Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galiza achega 25.335,87, sendo o resto dos fondos municipais.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS