Exposición de Enrique Lista en proximART 2006
Publicada o 30 de Outubro de 2006 en Cultura
Continúa o programa cultural proximART 2006, que presenta mensualmente unha manifestación das artes plásticas da nosa proximidade. Na sala de exposicións do baixo do Concello inaugúrase este xoves día 2 de novembro a exposición de fotografía de ENRIQUE LISTA, licenciado en Belas Artes, que vén encamiñando o traballo plástico ao redor do ámbito da fotografía. Presenta imaxes agnósticas lonxe do realismo fotográfico.
O horario de visitas é:
- Mañás: de 12:00 a 14:00 horas, os días 2, 3, 5, 6, 7, 8, 9 e 10 de novembro.
- Tardes: de 18:00 a 20:00 horas os días venres 3 e sábado 4 de novembro.
