O mercado acollerá este venres a celebración do Magosto
Publicada o 6 de Novembro de 2006 en Cultura
O vindeiro venres día 10 de novembro terá lugar na Praza do Mercado de Mugardos o tradicional Magosto, no cal se poderán degustar gratuitamente castañas asadas e arenques acompañados de pan de millo. A celebración popular estará acompañada da Banda de Gaitas do Padroado da Cultura do Concello de Narón. O programa será o seguinte:
- Lugar: Praza do Mercado
- Data: Venres 10 de novembro
- Programa:
- 17:30 horas: Obradoiro de cabazas
- 19:30 horas: Contacontos MARISA IRIMIA, programa anual da Biblioteca Municipal “Venres de conto”
- 20:00 horas: Degustación de castañas, arenques…
Na Praza do Mercado haberá así mesmo unha exposición de cabazas dos traballos feitos no obradoiro.
Aquelas persoas que teñan interese poderán pasar polo baixo do Concello o mércores, a partir das 17:00 horas, para axudar a cortar as castañas.
