Concello de Mugardos

Actualidade /

Preséntase a programación de música do Nadal

Publicada o 29 de Novembro de 2006 en Cultura

A Concellaría de Cultura preparou, con motivo do Nadal, unha programación musical que dá comezo o venres día 1 de decembro. Esta programación é organizada conxuntamente polo Concello de Mugardos e a Deputación da Coruña, a través do XIX Ciclo de Música para Intérpretes Profesionais.

As actuacións dos diferentes grupos terán lugar nos lugares e datas que a continuación se indican:

  • Grupo: QUINTETO DE VENTO
    • Lugar: Escola Municipal de Música “As Lagoas”
    • Data: Venres 1 de decembro de 2006
    • Hora: 17:00 horas.
  • Grupo: SÍLFIDA
    • Lugar: Igrexa parroquial de San Xiao de Mugardos
    • Data: Sábado 9 de decembro de 2006
    • Hora: 19:30 horas
  • Grupo: SUSANA DE LORENZO E CUARTETO DE CORDA
    • Lugar: Igrexa parroquial de San Xiao de Mugardos
    • Data: Venres 15 de decembro de 2006
    • Hora: 20:00 horas

A entrada é libre e de balde en todas as actuacións.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS