A artesanía tradicional exponse en proximART 2006
Publicada o 5 de Decembro de 2006 en Cultura
Continúa o programa cultural proximART 2006, que presenta mensualmente unha manifestación das artes plásticas da nosa proximidade. Na sala de exposicións do baixo do Concello inaugúrase mércores día 13 de decembro a exposición de artesanía tradicional feita nos obradoiros das entidades culturais e asociacións do noso municipio; baixo o titulo de “Artesanía en Mugardos” expóñense traballos de: encaixe de palillos, bordado canario, vainica, manualidades artesanais, etc.
O horario de visitas é:
- Pola mañá de 12:00 a 14:00, do 13 ao 22 de decembro agás o sábado 16.
- Pola tarde o xoves 14, venres 15 e sábado 16, de 18:00 a 20:00 horas.
