Concello de Mugardos

Actualidade /

Este xoves 14 impartirase unha aula de formación de coidadores

Publicada o 12 de Decembro de 2006 en Asuntos Sociais

A Concellaría de Asuntos Sociais comunica que o vindeiro xoves día 14 de decembro iníciase a AULA ABERTA DE APOIO A COIDADORES/AS.

A primeira das sesións terá lugar no Centro Cívico ás 17:00, e correrá a cargo da traballadora social e do psicólogo do Concello, mentres que a parte práctica será impartida por profesionais da materia.

O obxectivo desta aula é o de facilitar coñecementos e estabelecer un espazo de posta en común ás persoas que teñen ao seu coidado un familiar con dependencia.

Aquelas persoas interesadas en asistir poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais, no segundo andar do edificio do Concello, ou chamando ao 981470338 extensión 1.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2009 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS